Este é un sistema de tradución automática de propósito xeral baseado en redes neuronais artificiais que está en fase de probas. Esta tecnoloxía ten a particularidade de depender da dispoñibilidade de grandes cantidades de datos, e que polo momento as traducións xeradas de forma automática non son totalmente fiábeis e precisan dunha revisión experta. É por iso que solicitamos a túa colaboración e convidámoste a que nos fagas chegar a túa opinión sobre a calidade das traducións premendo en "axúdanos a mellorar". Na actualidade estamos a traballar na mellora dos modelos e a obtención de novos textos para o seu adestramento.